Thursday 09 de May de 2024

O Partido Popular de Olerios súmase á moción que será presentada para solicitar ao goberno de España a non revisión do delito de sedición.


O grupo municipal solicita ao Concello de Oleiros a súa anexión á devandita moción como manifestación pública de defensa da democracia e do Estado de Dereito do que forma parte este municipio

O Partido Popular de Oleiros vai sumar á moción que vai ser presentada para solicitar ao goberno de España a non revisión do delito de sedición.

Esta moción é consecuencia da intención de reformar o delito de sedición que manifestou o Goberno, con Pedro Sanchez á súa cabeza, no marco da negociación dos Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2023.

Con este anuncio, o goberno de España retoma un perigoso precedente; o de ceder de maneira constante e permanente ás pretensións máis radicais dos seus socios parlamentarios, aínda que con iso non só socaven os principios e fundamentos do Estado de Dereito, senón que poñan claramente en cuestión a independencia do poder xudicial ao volver corrixir as sentenzas do Tribunal Supremo e na politización da xustiza ao admitir que sexan os políticos condenados por sedición quen modifica as penas dos delitos que cometeron.

O Partido Popular de Oleiros pide ao goberno municipal que se pronuncie publicamente sobre o seu posicionamento respecto diso, para saber se apoian, ou non, reducir as penas establecidas ao delito de sedición, é dicir, se apoian esta modifición e por tanto participan activamente do descrédito e o menoscabo de dúas institucións fundamentais do Estado, como son as Cortes Xerais e os tribunais de Xustiza, beneficiando política e xudicialmente a quen no seu día trataron de atentar contra a integridade territorial e a orde constitucional de España; ou se pola contra defenden a democracia e o Estado de Dereito do que este municipio forma parte.

Considérase esencial que desde Concellos como o noso de Oleiros exista un pronunciamento explícito manifestando o rexeitamento a calquera acción que supoña debilitar ao Estado. Desde estas institucións que forman parte do Estado débese levar a cabo unha defensa sen concesións do principio de que todos somos iguais ante a Lei.

España é unha democracia estable e consolidada, pero non por iso menos necesitada de institucións fortes, que conten non só co respaldo da lei senón tamén do aprecio e a confianza dos cidadáns.